Cambiamos de sitio. Pero seguimos.
http://legado.freehostia.com
Para a xente que lle apaixonen coñecer novas linguas, hai un cursiño de galego. A xente que queira apuntarse, que se poña en contacto por email co coordinador, o seu email é: aresesmiguel23@hotmail.com.
O lugar é o local da Asociación que está na rúa Campo Real nº1, no Chorrillo, ao carón do I.E.S. Pedro Gumiel. Para o nivel inicial o horario viría sendo os luns de 5 a 8 e os mércores de 5 a 6.3O. Para o ciclo superior sería os mércores de 6.30 a 8 e os xoves de 5 a 8. Se estás interesado, fala co coordinador urxentemente, pois, de non facelo, pode ser que o curso non se faga, se non hai xente dabondo para chegar ao mínimo. Asemade, se queredes que vos ensinen o galego, apuntádevos en canto podades. Creo que ata dan créditos para a universidade, aínda que non estou seguro disto, ¡así que non sexades parvos! Non perdades esta oportunidade. Moitas grazas.
Hoxe chamoume a secretaria do Colexio de Málaga, y díxome que estábame a pasa-los datos de Escola de Idiomas, pero que por esta vez si, pero para outra vez, que no mo recollería. ¿A razón? Porque o diploma estaba en galego. Paréceme moi ben que non o dea entendido, pero é que as verbas máis importantes son as mesmas (máis ou menos DIPLOMA ELEMENTAL DE FRANCÉS/ INGLÉS). Non entendo porque me di que para a próxima non mo colle, porque por riba, non tiven ningún problema na Escola Oficial de Idiomas de aquí (Alcalá de Henares) cando fixen a inscripción, co que non sei o porque desta reacción… Cecais (palabra do profe máis tolo: Mato xDD) é en parte racismo? Ou nacionalismo estremo? A vosa opinión conta.
PD: Non puiden escolle-lo idioma, déronmo en galego, aínda así, escolleríao en galego, pero non é o caso.
Deixen a súa opinión, Deus volo terá en conta, jeje.
Grazas. Unha aperta
Vía: Blog de Ángel